Pablo Nogueira gaña o primeiro e teceiro premio do concurso literario de Beariz

O Carballiñés Pablo Nogueira presentou varias obras ó concurso literario do Concello de Beariz que remataba a pasada semana. A obra ca que acadou o primeiro premio é “O Pepiño da Nova Orleáns”. Ademáis, outra das obras que presentou acadou o terceiro premio, ca peza literaria “O paxaro”.

O segundo posto foi para Beatriz Pérez González, ca obra “Un psocólogo no peto”. Dende o concello felicitan ós gañadores e agradecen a todos os participantes a presentación das súas elaboracións e a colaboración a prol da cultura.

AVANTAR ACTIVIDADES

Pablo Nogueira xa publicou un conto para nenos que mostra as aventuras de Nube Branca. Para o mes de setembro ten pensado a publicación do seu próximo libro.