Sanidade decreta o peche do ocio nocturo en toda España e outras dez medidas máis

O Ministerio de Sanidade acordou cas comunidades autónomas “por unanimidad” unha serie de medidas insólitas a nivel estatal ante o “número de brotes crecientes en las últimas semanas”. Trátase de once medidas entre as que se enmarca a prohibición de fumar na vía pública en toda España se non se pode gardar a distancia de seguridade de dous metros e o peche do ocio nocturno.

A súa aplicación poñerase en marcha “en los próximos días, a la mayor brevedad”. O ministro Salvador Illa anunciou ademáis, na rolda de prensa desta mañá, tres recomendacións: limitar os encontros sociais fora dos compañeiros de convivencia e que os encontros se limiten a un máximo de 10 persoas. Ás comunidades autónomas, instase a realizar periódicamente PCR ós traballadores de centros sociosanitarios que estén en contacto directo con residentes. E, por último, garantir os medios e capacidades dos sistemas sanitarios para o cumprimento do previsto no Plan de Resposta Temperá nun esceario de control da pandemia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Salvador Illa informa de que estas medidas son un mínimo, e de que as comunidades autónomas poden tomar medidas aínda máis restrictivas.

Peche do ocio nocturno

A primeira medida consiste no peche de todas as discotecas, salas de baile e bares de copas, con e sen actuacións en directo, en todo o territorio español. O ocio nocturno, segundo explicou o ministro Illa “genera brotes importantes con muchos casos, y es muy difícil identificar los contactos estrechos”.

Restricciones na hostalaría a restauración

Na hostalaría, restauración, terrazas e bares haberá un metro e medio de distancia entre mesas, con 10 persoas como máximo por grupo. A distancia tamén se deberá respetar nas barras. Illa anunciou que a hora de peche destos establecementos será á 01:00 horas da madrugada e non poderán admitirse novos clientes dende as 00:00 horas.

Residencias de maiores

Illa indicou que será obrigatorio facer probas PCR a tas as persoas que viven en residencias e tamén ós empregados que volvan de vacación, e limítanse as visitas a unha por persoa e dunha duración máxima dunha hora. Estas visitas deberán ser escalonadas para evitar aglomeracións e terase en conta as que se realien a persoas que se atopen nun proceso final da súa vida. Ademáis, limítanse as saídas dos residentes sociosanitarios.

Eventos e actividades multitudinarias

Sanidade fixa que se deberá realizar unha evaluación de risco por parte da comunidade autónoma seguindo o documento da Comisión Pública do Consello Interterritorial sobre estas actividades. Tendo en conta esta evaluación, todos os eventos terán que ter autorización da autonomía onde se celebren para poder realizarse.

Cribados en grupos específicos

Outra medida son os cribados con PCR en grupos específicos. En caso de brote estos cribados levaríanse a cabo en poboacións de risco e potencialmente expostas, como residentes en centros sociosanitarios, barrios con transmisión comunitaria, centros educativos, bloques de vivendas afectadas ou colectivos vulnerables.

Prohibido o botellón

Illa recordou que os botellóns están prohibidos, polo que se acordou reforzar os controis para evitar o consumo de alcohol na vía pública que non esté autorizado, tendo enc onta que as comunidades autónomas e concellos aplicarán as sancións correspondentes.

Prohibido fumar nas rúas

O Ministerio de Sanidade e as comunidades acordaron extender a todo o país a prohibición de fumar na vía pública cando non se poida garantir a distancia física de seguridade de dous metros, unha medida que Galicia e Canarias xa implementaron onte e que se extenderá a todas as autonomías. Esta prohibición abarca tanto cigarrilos coma calquer outro dispositivo de inhalación de tabaco.