Carballiño: Eleccións Locais 1995

O 28 de maio de 1995 teñen lugar as quintas Eleccións Locais da Democracia. Gaña por primeira vez a lista do Psoe encabezada por Pachi Vázquez que sera alcalde, sendo a primeira vez que esto sucede rompendo a dinámica dos últimos 16 anos onde sempre gañaran as listas de centro dereita.

Pachi gaña por 70 votos de diferencia con respecto ao PP que encabeza o que era alcalde, Arturo Marquina. Ambas forzas acadan 7 concelleiros.

Na sesión de investidura o Psoe ten tamén o apoio do Bng que ten 3 diputados. As outras dúas forzas políticas non acadan representación. Estas tres forzas Psoe, PP e Bng seran as únicas con representación durante os próximos 20 anos ata o ano 2015, onde unha candidatura veciñal terá tamén representación

PUBLICIDADE ELECTORAL

A presencia de mulleres nas listas aumenta un pouco con respecto as pasadas eleccións do ano 1991. De un total de 100 candidatos nas 5 listas, són mulleres 29. E de destacar a lista de Esqueda Unida-Esquerda Galega con 8 mulleres . Acadan acta de concelleiras 3 mulleres.

Formase un goberno de coalición entre o Psoe e o Bng

VIDEO da Sesión Plenaria de Elección de Alcalde

Nestes 3 PDF xunto ca información en datos destas eleccións ven un resumen de prensa que pode servir para darse conta da situación política que se daba. Tamén a documentación relativa aos programas dos partidos.

Carballiño: Historia das eleccións locais 1995: candidaturas, programas, prensa