A comarca do Carballiño rexista 15 casos activos de coronavirus: once no municipio, dous en Dacón e dous en Boborás

O servizo sanitario da comarca do Carballiño leva o seguimento de 15 persoas que deron positivo en Covid-19 e que pertencen aos tres brotes rexistrados. Destes 15 casos, as autoridades sanitarias informan de que 11 correspóndense con persoas residentes no Carballiño: 4 do brote correspondente dun caso importado da República Dominicana xa rexistrado nas pasadas semanas; un caso do brote xerado en Ourense nunha empresa, que afecta a 13 persoas en toda a provincia, e os restantes do brote detectado na fin de semana. Por outra banda, completan os 15 casos dous de Dacón e outros dous de Boborás.

Estase a realizar o rastreo de todos os seus contactos, ata o de agora sen novos positivos, pero sí cun amplo número de persoas en cuarentena preventiva, que se corresponden cos contactos das 72 horas previas a coñecerse os positivos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Hoxe mesmo estiveron realizándose traballos de desinfección nos Servizos Sociais do Carballiño e houbo quixas por parte de varios usuarios pola falla de información e por non avisar do peche das instalacións.

Ademáis, o brote de Avión engade un positivo máis en coronavirus, o que eleva a 4 a cifra total de contaxios neste concello.

En Ourense, hoxe hai un total de 114 casos activos na Área Sanitaria de Ourense, Verían e O Barco de Valdeorras; deles, 3 están ingresados e 111 a seguemento domiciliario. Ningún paciente está en UCI.

As autoridades sanitarias piden procaución dada a rápida subida de casos que se están a detectar sobre todo na cidade de Ourense e na comarca do Carballiño nos últimos días.

GALICIA REXISTRA UN TOTAL DE 1.400 (118+  ca onte, 347+ ca o venres) CASOS ACTIVOS POR CORONAVIRUS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.400, deles 851 son da área da Coruña, 114 (20+) da de Ourense.

Do total de pacientes positivos, 5 (2+) permanecen en UCI, 57 (9+) en unidades de hospitalización e 1.338 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.608 persoas curadas, rexistrándose 625 falecementos (2 mais nesta fin de semana). A última persoa falecida foi unha muller de 86 anos que estaba ingresada no CHUAC e presentaba patoloxías previas.