O festival de títeres cambia de ubicación ó pavillón da Uceira

O Festival de Títeres chega a súa duodécima edición, e nesta ocasión desenvolverase en cinco xornadas coa participación de cinco compañías, cuxos espectáculos celebraranse ás 19,00 h.

Estaba previsto que se celebrara na explanada do parque municipal, cambia a súa ubicación para o pavillón do colexio da Uceira, no que terán lugar todas as sesións.

AVANTAR ACTIVIDADES

Trátase dunha medida motivada pola mala previsión meteorolóxica para esta semana,  que impide desenvolver as actividades ao aire libre. O programa non varía, nin tampouco o horario do comezo das sesións. Haberá aforo limitado polo cumprimento da normativa de separación e seguridade polo coronavirus.

As representacións, obradoiros, xogos e contacontos terán lugar nun recinto acotado e co aforo limitado polo cumprimento da normativa de separación e seguridade polo coronavirus.

O festival conta coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, e a entrada aos diferentes espectáculos e actividades será completamente gratuíta.

PROGRAMA

Día 17: FILIPA COS CONTOS – Títeres Bandullo Azul

Día 18: GYROVAGUS + obradoiro de monicreques  – Micromina Títeres

Día 19: XAN DAS ONDAS  + obradoiro de monicreques – Barafunda

Día 20: O SHOW DE BARALLOCAS – Marionetas Trécola

Día 21: ESTRAFALARIA + xornada de xogos – Xarope Tulú