O PP pide ó goberno local que non se entregue o remanente ó goberno estatal

IES CHAMOSO LAMAS

O pasado 4 de Agosto o BOE publicou un Decreto que permitirá movilizar ata 5.000 millóns para os concellos con remanentes de tesourería e destinalos a programas de coidados de proximidade, movilidade, vivenda, desenvolvemento sostible e promoción da actividad cultural. Os concellos deberían poñer a disposición do Goberno os seus remanentes de tesourería para ir percibindo de maneira proporcional a cantidade que cedan un ingreso non financiero durante 2020 e 2021. Esta medida xerou unha gran controversia entre numerosos municipios que anunciaron o seu rechazo a transferir ó Estado os seus remanentes de tesourería.

Para o Partido Popular do Carballiño, é o Concello que xerou eses remanentes quen debe decidir cales son as necesidades mais urxentes dos seus veciños, cales son os medios para solucionalas, e polo tanto, cal e o destino que se lle deben dar a ese cartos.

HIPER MASIDE

Lembran que xa no Pleno do pasado mes de maio o grupo Popular presentou unha moción solicitando que o Concello do Carballiño se dirixise a FEMP e FEGAMP para que esixisen o Goberno Central que permitise a utilización destes remanentes. A esa moción o Grupo Municipal Socialista votou a favor, polo que agora entendemos que debe cumprir o seu compromiso cos veciños do Carballiño, non entregando o seu remanente o goberno central.

O Real Decreto-Ley permite que os concellos que non o desexen non entreguen os seus fondos, polo que nos parece que o Alcalde de O Carballiño debe agora ser coherente co que pensaba en maio, e non entregar os cartos que lle están solicitando.