O concello de Leiro continúa ca limpeza e desbroce no Misieiro

O concello de Leiro leva varios días ultimando a limpeza de varias zonas do municipio, ante o perigo creciente que este ano están supondo os incendios. As actividades consisten na retirada da maleza e os desbroces.

PUBLICIDADE

AVANTAR ACTIVIDADES

En Leiro xa se realizou a limpeza en diferentes parroquias como Orega e As Cortes, e tamén na Senda do Avia que une Leiro con Pazos de Arenteiro, así como a zona das praias fluviais. Estos espazos necesitan un coidado e limpeza máis constante dado que teñen gran afluencia de visitantes.

Esta semana continuouse co acondicionamento dos marxes do río Avia e da zona das Illas do Misieiro.