A Subida á Saleta contará con 60 pilotos inscritos na 22ª edición

A XXII Subida á Saleta contará con sesenta coches inscritos, entre eles, dúas barquetas e tres fórmulas, según confirmaron hoxe os directivos da Escudería Carballiño e da Federación Galega de Automobilismo durante a presentación da proba, que se efectuou este mediodía no salón de plenos do concello do Carballiño coa asistencia da concelleira de Deportes, Silvia Baranda; do portavoz do PP, Ricardo Perea, e da alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, entre outros convidados.

Os organizadores valoraron positivamente o número de inscritos, habida conta das circunstancias que acaecen actualmente polo coronavirus. Neste sentido, recalcaron a necesidade de que os afeccionados que vaian a seguir a proba garden todas as medidas de separación e seguridade, mantendo as distancias, usando máscara e lavándose as mans con xel hidroalcólico.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén agradeceron a colaboración da institucións local, provincial e autonómica, e patrocinadores, así como das forzas de seguridade, Policía Local, Garda Civil, Protección Civil e colaboradores.

O parque de custodia dos coches participantes quedará instalado na avenida do Arenteiro, e abrirase ás 09,30 h do sábado, 22 de agosto.

Os entrenamentos oficiais do sábado terán lugar ás 18,00 h (primeira manga) e ás 20,00 h (segunda manga).

Os entrenamentos oficiais do domingo, 23 de agosto, serán ás 09,30 h, e a terceira e cuarta manga terán lugar a partir das 11,30 h.

Tanto a presentación oficial dos pilotos, que se fará ás 14,00 h do sábado, como a entrega de premios do domingo faranse sen a presencia de público, en aplicación das medidas de prevención polo coronavirus, e só estará permitida a presencia dos medios de comunicación.

Adxuntamos listaxe de participantes e de horarios da proba: