A Xunta actualiza as medidas de control nas residencias de maiores

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, explicou a actualización do Plan de Reactivación no ámbito sociosanitario de Galicia para adaptalo ás medidas aprobadas o pasado venres polo Consello Interterritorial de Saúde. Unhas indicacións que se aplicarán nas residencias de persoas maiores e persoas con discapacidade para facer fronte á evolución da situación epidemiolóxica.

Limitaranse ao máximo as saídas do recinto do centro das persoas residentes. As visitas deberán ser unicamente dunha persoa por residente e dunha duración máxima dunha hora ao día.

AVANTAR ACTIVIDADES

Faranse probas diagnósticas, nas 72 horas previas ao seu ingreso, aos novos residentes que se incorporen ao centro e tamén aos empregados que regresen de permisos, vacacións e aos novos traballadores que se incorporen.