A Xunta convoca dúas prazas de persoal investigador a través do programa Oportunius

A iniciativa está destinada a profesionais gañadores de axudas Consolidator Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC), que poderán optar a un contrato para desenvolver a súa actividade nunha institución pública de investigación de Galicia, en concreto, no ámbito das neurociencias ou no das ciencias humanas e sociais. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o próximo 24 de agosto.

O programa Oportunius está dirixido a apoiar aquel persoal investigador que desexe conseguir unha axuda do ERC ou que xa a conseguiu e quere desenvolver a súa actividade investigadora en Galicia.

AVANTAR ACTIVIDADES

O programa Oportunius enmárcase no programa Talento 2021, impulsado pola Xunta de Galicia para xerar, reter e atraer 1500 profesionais a Galicia para actividades de I+D+i, estimándose a mobilización de preto de 47 millóns para elo.

Juanjo Nogueira, investigador e profesor na Universidade Autónoma de Madrid especializado en quimica computacional, natural do Carballiño, explicou no espazo de entrevistas de María Muleiro, Acotío, as dificultades coas que se atopan os investigadores no noso país.