Onte foi o Día da Fotografía e falamos ca Asociación O’Potiños

Este día, en 1839 Luis Daguerre presentou ante a academia de ciencias de Francia o seu último invento: o daguerrotipo, máquina que permitía capturar unha imaxe a través dun proceso químico. Aquí nacía o que hoxe coñecemos como fotografía. Este día celébrase gracias ó fotógrafo australiano Korske Ara, que foi difundindo a importancia deste día por todo o mundo. Fotógrafos de todo o mundo manifestan o amor pola súa profesión pero tamén o fan todos os afeccionados.

Hoxe estivemos con Manuel Blanco, presidente do Potiños, unha das asociacións fotográficas mais antigas de Galicia e falou desta historia da fotografía dende o daguerrotipo ata a fotografía dixital.

AVANTAR ACTIVIDADES

Manuel Blanco aproveitou para adiantar a terceira edición do Arenteiro fotográfico que terá lugar nos meses de outubro e novembro e que será anunciado formalmente a vindeira semana.