Termatalia e o Laboratorio Dr. Oliver Rodés poñen en marcha o curso “Prevención e Control de Contaminantes Microbiológicos”

Estará impartido polo Dr. Antonio Freire, médico hidrólogo, experto en xestión de centros termais e director de Gala Termal

Son 30 horas de formación en liña e entregarase certificado oficial

AVANTAR ACTIVIDADES

Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, en colaboración co recoñecido e prestixioso Laboratorio Dr. Oliver Rodés puxeron en marcha o curso “Prevención e Control de Contaminantes Microbiológicos”. Esta nova iniciativa formativa e especializada constará de 30 horas de formación exclusivamente en liña e estará impartido polo recoñecido médico hidrólogo e especialista en xestión de centros termais, Dr. Antonio Freire.

O obxectivo deste curso é que o persoal que realiza as operacións de mantemento nas instalacións catalogadas como de risco en Latino América, teñan uns coñecementos básicos sobre que tipos de contaminantes microbiológicos existen, as boas prácticas de limpeza e desinfección e produtos químicos aplicables, a prevención de riscos laborais químicos e biolóxicos, o coñecemento das instalacións de alto e baixo nivel (deseño e mantemento) e para finalizar, como se realiza unha correcta prevención mediante a valoración de riscos e a implantación de plans de autocontrol.

O programa do Curso consta de 6 módulos:

Módulo 01: Importancia sanitaria
Módulo 02: Tipos de augas e centros hidrotermais
Módulo 03: Prevención. Criterios xerais de limpeza e desinfección
Módulo 04: Saúde Pública
Módulo 05: Instalacións de risco. RD 865/2003
Módulo 06: Identificación de puntos críticos e elaboración de programas de control

A realización deste curso ten un importe de 200 euros (prezo especial Termatalia) e inclúe seguimento titorial por parte do profesor, a realización e estudo de casos prácticos e finalmente, a entrega dun certificado acreditativo oficial asinado por Termatalia e polo Laboratorio do Dr. Oliver Rodés. Os interesados en realizar este curso poden solicitar máis información a través do mail termatalia@termatalia.com ou chamando ao +34 988 366 030. Desde o momento de formalización da inscrición, o prazo para executar o curso é de 3 meses.