Actividades culturais para a fin de semana, co cine de protagonista

O Concello de Ribadavia programa unha sesión de autocine no campo de fútbol de San Cristovo. A sesión celebrarase o sábado 22 de agosto ás 23:00 e a entrada será gratuita ata completar aforo do recinto. Para poder acceder poden recollerse as entradas gratuitas na oficina de turismo de Ribadavia en horario de 10:00 a 15:00, e de 17:00 a 20:00. Na sesión de autocine proxectarase o filme “Alita: Battle Angel”.

O cine de Leiro proxectará dúas comedias españolas. A película de Santiago Segura “Padre no hay más que uno 2” será mañá venres en sesións de 20:30 horas e 22:30 horas; o sábado ás 16:00 horas, ás 20:30 horas e ás 22:30 horas; o domingo ás 18:15 horas e ás 20:30 horas, e os luns e xoves próximos ás 20:30 horas. O filme de Alfonso Sánchez “Super Agente Makey” proxectarase mañá venres e o sábado ás 18:15 horas, o domingo ás 16:00 horas e os xoves e venres próximo ás 18:15 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

O cinema de verán do concello de Beariz acollerá a proxección do filme “A última viaxe do afiador”. Será o dimingo, ás 22:30 horas, na Praza das Barbeiras.

En Cenlle, este sábado, 22 de agosto, ás 20:00 horas, na Pista Polideportiva da Casa do Pobo de Laias, haberá unha actuación actuación dos acordeonistas Bieto Blanco. E este domingo, 23 de agosto, ás 22:00 horas, na Praza da Tenencia de Cenlle, terá lugar a estrea da película “Maria Solinha.”. A presentación terá lugar sobre as 21;45 horas e correrá a cargo do director da mesma, Ignacio Vilar. Ao remate haberá coloquio entre os asistentes.

Recordamos tamén que este domingo celebrarase a partir das 18:30 horas o festival Ourenrock Sound no Castelo de Ribadavia, con todas as entras xa vendidas.  

A comisión de Festas de Francelo anuncia tamén a actuación da Lira de Ribadavia como sustitución das festas de San Xes, o domingo, ás 20:00 horas no Campo da Festa, adaptado a todas a medidas.