Hoxe remata o festival de títeres cunha representación e xornada de xogos

O XII Festival de Títeres, que remata hoxe, e que estaba previsto celebrarse na explanada do parque municipal, cambiou a súa ubicación para o pavillón do colexio da Uceira.

Trátase dunha medida motivada pola mala previsión meteorolóxica para esta semana,  que impide desenvolver as actividades ao aire libre. O programa non varía, nin tampouco o horario do comezo das sesións, que será ás 19h. Haberá aforo limitado polo cumprimento da normativa de separación e seguridade polo coronavirus.

AVANTAR ACTIVIDADES

O festival conta coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, e a entrada aos diferentes espectáculos e actividades será completamente gratuíta.

O último dos espectáculo que porá o broche final será:

Día 21: ESTRAFALARIA + xornada de xogos – Xarope Tulú

Diego Fernández, concelleiro de Cultura, asegura que é unha actividade segura, na que se cumplen todas as medidas e será unha forma diferente de ocio para os máis pequenos.