O Arenteiro segue aumentado o equipo á espera de comezar a pretemporada

O C.D. Arenteiro segue anunciando as súas incorporacións dentro do mercado previo á nova tempada. Neste caso anunciamos a un novo medio centro, Martín torres, que pasou de xogar nas categorías inferiores do Real Oviedo ata chegar á U.D. Barbadás. Dende o Real Club Deportivo da Coruña chega Victor Eimil, cun longo percorrido e para debutar como lateral dereito. E a última incorporación é tamén Alassane Sylla, como dianteiro, provén do Coruxo con máis de 70 goles en segunda división B.

Ademáis, chega ao CD Arenteiro, todo un champion da copa rexionales UEFA na categoría senior, Edu Pérez, Adestrador de porteiros da Selección Galega onde tamén prepara ás categorías inferiores.

AVANTAR ACTIVIDADES

O clube tiña previsto comezar o próximo luns día 24 os adestramentos para comezar a pretemporada, pero polo momento este inicio queda cancelado á espera de que dende a Federación Galega de Fútbol ou dende a Federación Española comuniquen de maneira oficial cando comezará a temporada. As datas anunciadas marcaban este inicio para o 26 de setembro, pero a situaicón sanitaria prevé que non poida cumplirse este pronóstico.