Periodo de cobro en voluntaria por distintas taxas no Concello do Carballiño

IES CHAMOSO LAMAS

Conforme co disposto nos artigos 18, 19 e 20 da Ordenanza xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e demais ingresos de dereito público, o alcalde-presidente, o 31/07/2020, aprobou o período de cobro en voluntaria para a taxa por ocupación da vía pública con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo situados en terreos de uso público local, así como industrias da rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica do ano 2020, e o anuncio de cobranza, ao que se lle dá publicidade para coñecemento de todos os obrigados ao pagamento:

Primeiro. A aprobación do período de cobro en voluntaria para a taxa por ocupación da vía pública con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo situados en terreos de uso público local, así como industrias da rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica do ano 2020, nas seguintes datas: – Dende o 01/10/2020 ao 01/12/2020, ambos os dous incluídos.

HIPER MASIDE

Segundo. Establecer o anuncio de cobranza: o padrón estará exposto ao público na Oficina Municipal de Recadación, situada na rúa Faustino Santalices, nº1, baixo, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Ao abeiro do disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, contra as liquidacións comprendidas nos padróns poderá formular o interesado recurso de reposición, anterior ao contencioso-administrativo, ante o alcalde no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da finalización da exposición pública dos padróns. En cumprimento do artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o presente edicto publícase para advertir que as liquidacións polo tributo e exercicio referenciado se notifican colectivamente, entendéndose realizadas as notificacións o día que remata a exposición ao público do padrón.

a) Medios de pagamento: diñeiro de curso legal.

b) Lugares de pagamento para a taxa por venda ambulante: en calquera oficina de Caixa Rural Galega, SCCLG, BBVA, SA, e ABANCA Corporación Bancaria, SA. Unha vez transcorrido o prazo sinalado como período de pagamento voluntario, as débedas serán esixidas polo procedemento executivo e devindicaranse as recargas correspondentes, xuros de mora e, no seu caso, as custas que se produzan.

A recarga executiva será do 5 por 100 e aplicarase cando se satisfaga a totalidade da débeda non ingresada en período voluntario antes da notificación da providencia de constrinximento.

A recarga de constrinximento reducida será do 10 por 100 e aplicarase cando se satisfaga a totalidade da débeda non ingresada en período voluntario e a recarga antes da terminación do prazo previsto no artigo 62.5 da Lei 58/2003, xeral tributaria.

A recarga ordinaria de constrinximento será do 20 por 100 e será aplicable cando non concorran as circunstancias ás que se refiren os apartados 1 e 2 deste artigo.

A recarga ordinaria de constrinximento é compatible cos xuros de mora. Coa recarga executiva e recarga reducida de constrinximento non se esixirán os xuros de mora devindicados dende o inicio do período executivo. Ao abeiro do disposto no artigo 113 do Regulamento xeral de recadación, e de conformidade co regulado polo artigo 161.4 da Lei xeral tributaria, as custas que se xeren durante o procedemento de constrinximento serán esixidas ao obrigado ao pagamento.

Contra as liquidacións practicadas poderá interpor o interesado recurso de reposición ante a Alcaldía, anterior ao contencioso-administrativo, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao que teña efectividade a notificación conforme cos artigos 222 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

O Carballiño, 31 de xullo de 2020. O alcalde. Asdo.: Francisco José Fumega Piñeiro