Política Social programa a reapertura das Casas Niño

amparo gonzalez reunese con representantes das casas niño
---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, reuniuse hoxe coas responsables das casas niño de toda Galicia para detallar o protocolo de reapertura destes centros de conciliación no rural no vindeiro mes de setembro. Galicia dispón desde o mes de xullo dun Plan de reactivación con medidas específicas para os centros educativos de 0 a 3 anos nos que tamén se inclúen estes centros situados en concellos de menos de 5000 habitantes.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Amparo González abordou coas súas responsables este Plan de reactivación no que se recollen medidas tanto previas ao comezo da actividade como cuestións organizativas, referidas á hixiene e á limpeza ou de actuación ante un posible caso. Por exemplo, os profesionais non irán traballar en caso de presentar algún síntoma compatible, garantirase en todo momento a distancia de seguridade entre profesionais e persoas alleas ao centro, evitaranse na medida do posible actividades grupais e reforzarase o control do acceso ao centro.

Así mesmo, tamén se intensificarán as medidas de hixiene e limpeza, os profesionais empregarán roupa de uso exclusivo dentro do centro e as nenas e nenos, se non poden ir descalzos, tamén un calzado especial. O persoal traballador usará máscaras de protección.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------