A CEO pon o foco na internacionalización das empresas

A partir de setembro a Confederación desenvolve un completo programa de misións
comerciais, formación e ferramentas dixitais
Os últimos meses do ano a CEO intensifica a promoción exterior a través de proxectos
europeos transfronteirizos, ademais da colaboración coa Deputación no
programa Exportou

No terreo da internacionalización a Confederación Empresarial de Ourense, ademais dunha longa experiencia, ten en marcha varios programas que combinan accións orientadas a que as empresas poidan coñecer e poñer en marcha as estratexias de internacionalización dos seus produtos e servizos.

AVANTAR ACTIVIDADES


Son xa máis de dez anos nos que a CEO desenvolveu un amplo operativo a través de programas europeos e colaboracións con entidades locais como a Deputación, todo co obxectivo de fomentar a internacionalización das empresas ourensás para que poidan colocar os seus produtos nos mercados máis puxantes e solventes do mundo.


Todas estas accións deséñanse con expertos desde o departamento de Promoción Exterior da entidade co fin de achegar ás empresas as ferramentas e información necesarias para que poidan dar o salto internacional e abrir mercados máis aló das nosas fronteiras, ou consolidar aqueles en os que xa operan.


As distintas actuacións previstas para os últimos meses do ano céntranse en tres aspectos: un plan de apoio que inclúe varias fases, misións comerciais virtuais e ferramentas dixitais como vídeos 360º e percorridos virtuais.

En setembro comeza, para un total de doce empresas, un completo programa de apoio que contempla distintas fases destinadas a contribuír á internacionalización dixital dunha ducia de empresas. Entre as accións programadas destaca o diagnóstico inicial de cada empresa, a formación necesaria ou un plan de márketing dixital internacional específico para cada empresa
participante.

A execución deste programa componse tamén dunha folla de roteiro para futuras accións e o asesoramento durante todo o proceso, que está enmarcado entre setembro e finais de ano.

Entre setembro e novembro a promoción internacional de produtos e servizos ourensáns realizarase grazas ao programa Exportou e ao desenvolvemento de ferramentas dixitais que facilitarán o coñecemento de produtos da provincia