O CEIP Virxe da Saleta, en Cea, terá unha reforma integral

Terán un importe de 763.485,70 €. As obras compatibilizaranse a partir de setembro co curso escolar, sempre baixo as máximas medidas de seguridade. Os traballos teñen un prazo de execución de 3 meses.

Parte das actuacións van dirixidas á mellora da eficiencia enerxética do centro, para o que se substituirá a cuberta actual do edificio de Infantil por unha nova de panel sandwich con illamento intermedio de poliuretano e se revisarán as cubertas dos restantes edificios. Así mesmo acometerase o illamento das fachadas dos edificios de Infantil, Primaria e Secundaria polo exterior mediante sistema SATE, realizado con placas de illamento térmico de poliestireno expandido; e o illamento térmico sobre forxado baixocuberta con panel de lá de roca nestes mesmos edificios.

AVANTAR ACTIVIDADES

Coa mesma finalidade, nos tres edificios colocaranse novas fiestras de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo e luminarias LED con regulación lumínica e detectores de presenza en zonas comúns. Ademais illarase o teito do porche do edificio de Secundaria con la de roca. Os sistemas de calefaccións e de fontanaría tamén serán obxecto de mellora.

A maiores, instalaranse falsos teitos rexistrables nos tres edificios, substituiranse e repararanse as portas interiores nos de Infantil e Primaria e pintaranse todos os paramentos interiores e os radiadores.

A rehabilitación contempla, asemade, a reforma de aseo de planta baixa do edificio de Infantil, o pulido do terrazo no edificio de Primaria, a colocación dunha nova varanda no edificio de Secundaria, a renovación do pavimento do ximnasio no edificio de Primaria e a dotación de vestiarios e aseos no polideportivo.