O edificio Abrente, do IES O Ribeiro, terá unha reforma integral

Terán un importe de 904.208,80 €. As obras compatibilizaranse a partir de setembro co curso escolar, sempre baixo as máximas medidas de seguridade. Os traballos teñen un prazo de execución de 3 meses.

No referido á mellora da eficiencia enerxética, a actuación contempla a substitución das fiestras por outras de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo. Tamén se renovarán as persianas, que se colocarán de aluminio con illante térmico interior; e instalaranse novas luminarias con tecnoloxía LED. Así mesmo, está previsto cambiar a cuberta actual por tella curva.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por outra banda, a rehabilitación inclúe a colocación de novos teitos acústicos en aulas e zonas comúns, o reforzo do sistema de calefacción, o pintado de paramentos interiores e exteriores, a limpeza de fachadas, o pulido e abrillantado do pavimento de terrazo existente e a adecuación dun espazo para aula de cociña.

A maiores, mellorarase a accesibilidade ao centro mediante a instalación dun ascensor que dote de accesibilidade a todas as plantas, así como de aseos adaptados.