O BOP publica as bases das axudas para PEMES e autónomos do Carballiño

O BOP de Ourense publica hoxe o extracto da convocatoria que regula a concesión de axudas destinadas a autónomos e PEMES, cuxo domicilio fiscal ou negocio estea no Carballiño e permanecera pechado ou detivese a súa actividade empresarial como consecuencia das medidas derivadas do estado de alarma provocado polo COVID-19.

A finalidade destas axudas é paliar a incidencia do estado de alarma, reactivar a economía do concello, fomentar o emprego e Promover o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións.

AVANTAR ACTIVIDADES

Poderán solicitar a subvención as comunidades de bens, cooperativas, sociedades civis e os autónomos e empresas de menos de 15 traballadores que non superen, en ambos casos, o millón de euros de importe neto de cifra de negocio anual. Asemade, o solicitante deberá estar ao corrente de pago dos tributos nacionais, da Seguridade Social e do concello.

A contía destinada a atender estas subvencións ascende a un

importe total de 300.000 €. O límite máximo de subvención por beneficiario será de 1.000 euros.

Os gastos subvencionables articúlanse arredor de 3 liñas de apoio. A primeira delas é para gastos de alugueiro do local comercial dende a declaración do estado de alarma e ata un máximo de catro meses.

A segunda liña é para gastos de consultaría e formación para a dixitalización do negocio; gastos para a web e comercio online, marketing e promoción dixital, gastos de publicidade e de subscrición a internet.

E unha terceira liña para gastos derivados do cumprimento das medidas sanitarias polo covid19 coma obras de acondicionamento, compra de mascarillas, luvas e xel hidroalcohólico ou traballos de desinfección.

O prazo para solicitar estas axudas é de quince días hábiles a partir de mañá e deberán presentarse na sede electrónica do Concello de Carballiño. Toda a información así como o modelo de solicitude para obter as subvencións atopase no portal de internet do Concello de Carballiño.