O Concello de Boborás proxectará no que queda de verán dúas películas actuais e galardoadas totalmente gratuitas. A primeira será “O que arde” con Benedicta Sánchez gañadora do Premio Goya na categoria de “Mellor actriz revelación” e será no campo da feira de Feás o 30 de agosto, domingo, ás 21.00 h. A segunda será na Carballeira de Moldes, o día 12 de setembro, sábado, tamén as 21.00 h e proxéctarase “Parásitos” gañadora do Oscar a mellor película.
As proxecións faranse o aire libre, en espazos seguros e con todos os protocolos establecidos por motivo do Covid-19.