Ribadavia habilita puntos de acceso wifi en diferentes espazos públicos nas parroquias do Concello.

A obra, que xa está rematada, tivo un coste total de 14.970,58 €, e permitiu ao concello crear puntos de acceso wifi en dez espazos públicos situados en diferentes localidades. Estes puntos de acceso wifi atópanse xa plenamente operativos

O Concello de Ribadavia ven de habilitar puntos de acceso wifi en diferentes espazos públicos de varias parroquias para dar puntos de acceso a internet á veciñanza do rural. O proxecto contou con un orzamento de 14.970,58 € e con cargo a este investimento incluíuse o suministro dos puntos de acceso, a man de obra da instalación, así como a configuración e posta en marcha de toda a instalación.

AVANTAR ACTIVIDADES

A través deste proxecto, o Concello de Ribadavia ven de colocar puntos de acceso wifi no campo de fútbol de San Cristovo, no campo de Fútbol de Francelos, no campo de herba sintética do Xestal, no Polideportivo “O Consello”, e nos locais sociais de Sampaio, A Franqueirán, Francelos (fontiña mariña) e Ventosela, ademais de dotar de conectividade interior á praza de abastos de Ribadavia. Todos os puntos de acceso wifi que se colocaron permiten a conexión simultánea de, como mínimo 50 persoas sen que exista unha diminución do rendemento.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que “con esta actuación apostamos por dotar de puntos de acceso wifi, e polo tanto dunha maior conectividade, a espazos públicos e instalacións deportivas de diferentes puntos do concello, garantindo deste xeito que a cidadanía conte con puntos de conexión libre e gratuíta en espazos nos que habitualmente se desenvolven diferentes actividades.” César Fernández recalcou que “Ribadavia está a facer unha aposta clara pola modernización e a conectividade de toda a poboación, apostando por posicionar mellor a Ribadavia nun horizonte cada vez máis tecnolóxico e, neste sentido, xa están a disposición da cidadanía estes puntos de acceso libre e gratuíto ainternet a través da rede wifi. Os usuarios que queiran utilizar esta conexión nalgún dos puntos habilitados só teñen que selecionar a rede WIFI4EU e rexistrarse a primeira vez que a utilicen, posteriormente, os dispositivos conectaranse automáticamente cando se atopen no entorno dun destes puntos de acceso gratuito.”