Un monólogo en Cenlle conciencia contra a violencia de xénero

O Concello de Cenlle pon en marcha un programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres, subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.Trátase dunha campaña dirixida a toda a poboación do Concello que dará comezo o próximo venres día 28 ás 20:00 h coa actuación de Lorena Pinheiro na praza da tenencia de Cenlle, e que  inclúe distintos obradoiros abertos a toda a cidadanía durante os próximos meses con representacións artísticas, distintos elementos de cartelería e difusión, e tamén a celebración dun acto conmemorativo do 25 de Novembro.