Comeza a construcción das casas prefabricadas en Cenlle

A pasada semana deron comezo os traballos de instalación das seis casas prefabricadas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. A súa concelleira, Ángeles Vázquez, achegouse ata Cenlle para coñecer de primeira man o estado destas obras nas que a súa área inviste 1.018.048 euros.

Estas vivendas unifamiliares de protección oficial teñen, segundo afirma o alcalde, José Manuel Rodríguez, moita demanda. A construción destas vivendas enmarcase nun plan mais amplo para o incremento do asentamento de poboación xa que ademais non é requisito indispensable estar empadroado en Cenlle para optar a elas.  Terán unha superficie aproximada de 85 m2 en dous andares e con zona axardinada. A maiores farase un parque infantil na zona que xa se atopa nun emprazamento con moitos servizos. As vivendas sitúanse na estrada de Valdepereira a Maside, preto do centro Cemit, dunha farmacia, do colexio público, do ambulatorio e fronte o campo de fútbol.

AVANTAR ACTIVIDADES

O alcalde adiantounos que está previsto que a vindeira semana poda inaugurarse o centro de saúde cuxas obras xa remataron e estes últimos días estivose a colocar o mobiliario.

Os traballos de restauración do ambulatorio tiveron un coste de preto de 24.000 euros sufragados a partes iguais pola Consellería de Sanidade e o concello de Cenlle e incluiron novas dotacións para o centro como unha sala específica para pacientes de covid19 e unha de urxencias tipo PAC (Punto de Atención Continuada).