Dous casos máis no brote detectado onte no Carballiño, que suma sete positivos

O concello do Carballiño emitiu onte un comunicado no que informaba deste brote que hoxe aumentou en dous casos mais, son un home e unha muller de 64 e 43 anos, a seguemento domiciliario. Mantense activo o seguemento de contactos. Esto que fai un total de sete infectados, no que pedía máxima precaución e mantemento das medidas sanitarias por causa dun novo brote de infección polo covid 19 no Carballiño.

Ten orixe nunha xuntanza de amigos, 3 homes de 46, 52 e 32 anos e dúas mulleres de 53 e 42 años. Todos eles en illamento e a seguemento domiciliario. Mantense activo o seguemento de contactos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Así mesmo, comunícaron que a Policía Local está alertada desta circunstancia, e que intensifica a vixilancia para colaborar coas autoridades sanitarias no control deste brote e na aplicación das medidas de prevención en todo o termo municipal.

Este novo brote de onte ten orixe nunha xuntanza de amigos, a partir de 32 anos. Todos eles en illamento e a seguemento domiciliario. Mantense activo o rastreo de contactos.

O servizo de atención primaria da área do Carballiño mantén agora o seguimento de 26 casos de coronavirus dos cales 25 están en seguimento domiciliario e un está ingresado no CHUO. Hai que engadir os dous casos do concello de Cea que pertence ao servizo de atención primaria de Coles.

RESIDENCIA SOCIOSANITARIA DE ARNOIA

Ningún caso positivo na Residencia Sociosanitaria “Ntra. Sra. del Socorro” de Arnoia tras analizar as mostras recollidas onte a todos os residentes e persoal do centro. En total 159 PCRs procesadas de 90 usuarios e 69 traballadores. 

O concello de Avión mantén activo un brote de 4 casos confirmados con nexo familiar, que afecta un home de 47 anos, unha muller de 31 e dous menores. Todos eles en illamento e seguemento desde o seu Centro de Saúde. Mantense activo o seguemento de contactos. Rogan por iso extremar as debidas precaucións. Ante calquera síntoma da enfermidade piden non saír da casa e chamar ao: Centro de Saúde 988 48 60 27.

Na comarca do Ribeiro temos coñecemento de 15 casos; 8 de 2 brotes no concello de Avión, 3 casos no concello de Melón, 4 mais no concello de Cortegada.