Maside honra ó seu patrón, San Vitorio

A continuación mostramos algunhas imaxes da misa que se celebrou hai apenas uns minutos en Maside, no día grande das festas patronais na honra de San Vitorio. A celebración foi nos exteriores da igrexa, e contou cun pasarúas previo e con procesión. Os maiores do Asilo tamén desfrutaron do acto desde as instalacións.