O BNG pídelle ao alcalde da cidade que aclare o expresado a través das súas redes sociais sobre o PXOM e algunhas concesións municipais

Na mañá deste mércores, o alcalde Gonzalo Pérez Jácome, a través das súas redes sociais, realizou unha serie de comentarios que a modo de ver do BNG son de extrema gravidade.

Estaría ven que explicara a que intereses económicos se refire, cando insinúa que son os que están detras do movemento para sacalo da alcaldía.

AVANTAR ACTIVIDADES

Fala de pelotazos urbanisticos pero non dí que él aprobou provisionalmente o PXOM que os contén polo que é corresponsable por acción. Se realmente había pelotazos, ¿porqué o fixo?.

Do mesmo xeito fai referencia a concesións municipais “infladas” contra as que, segundo afirma, él estaría tentando loitar. ¿Cantas e cales son esas concesións ás que refire?.

Para o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense, ambas insinuacións son o suficientemente graves como para que o alcalde explique públicamente a que se está referindo. Estas aclaracións son imprescindibles, pois retratan un concello plagado de irregularidades e intereses espurios, máis o alcalde reiteran os nacionalistas, como en tantas outras ocasións, tira a pedra e esconde a man.