O grupo municipal do Partido Popular de Ramirás dá a coñecer a pésima xestión que está a levar a cabo a alcaldesa socialista, Isabel Gil.

Ante a pésima situación do abastecemento de auga no concello de Ramirás

Despois de varios anos onde o grupo municipal do Partido Popular foi criticado pola situación do abastecemento, onde o grupo socialista tiña a solución, nestes intres, a veciñanza de Ramirás están a sufrir restricións e cortes do subministro diarios sen recibir ningún tipo de información

AVANTAR ACTIVIDADES

O Partido Popular de Ramirás denuncia que a veciñanza vén comunicando o seu mal estar, xa que os cortes do subministro de auga constantes que sufre o concello estalle a provocar graves prexuizos para o desenvolvemento diario, afectando nos labores cotias, coma a hixiene diaria, poñer lavadoras, lavalouzas, etc.

Dende o Grupo do Partido Popular, encabezado por Juan Carlos Rodríguez Matías, esiximos que se restrableza o subministro continuo, dado que se ven afectados, ademais da veciñanza, outros servizos esenciais, como o xeriátrico ou empresas e explotacións gandeiras.

O Partido Popular vai levar unha proposta ao próximo pleno, para que non se pase o cobro o recibo do segundo semestre do ano 2020, dadas as anomalías no servizo e unha vez visto o resultado das últimas analíticas, realizadas o día 12 de agosto, onde presentaban a cualificación de NON APTO.