Proseguen os traballos de reparación da ponte de Leiro

A Consellería de Infraestructuras e Mobilidade da Xunta continúa cos traballos de rehabilitación na ponte sobre o río Avia, a da Esperela. O investimento nesta actuación é de arredor de 30.000 euros e estímase que estea rematada nun prazo de tres meses.

Nos traballos que se están a realizar vaise a limpar e retirar a vexetación da ponte e reforzarase a estrutura. Dende a pasada semana estanse acometendo, por persoal especializado, traballos verticais para limpar a vexetación e maleza dos paramentos de cantería. Asemade, vanse repoñer as pezas de sillería danada.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE