San Amaro retoma a desinfección de espazos públicos

A situación de crise sanitaria derivada da pandemia do coronavirus fixo necesaria a posta en marcha de medidas que garantan a seguridade cidadá. Unha destas medidas, implantada polos concellos, eran as labores de desinfecicón en lugares públicos máis transitados ou espazos nos que a diario se congregue un número considerable de xente. O concello de San Amaro xa fixera estas labores semanas atrás e agora anunica que as farán de novo.

O alcalde, Rubén Gómez, indica que se procederá  á desinfección periódica dos lugares con máis afluencia de xente, como son o Centro de Saúde a farmacia, o banco, a residencia de maiores, tendas de alimentación, bares e restaurantes, entre outras zonas, dada  a actual situación sanitaria e os rebrotes  que se están a dar por mor do  Coronavirus  noutros  concellos. Na área de San Amaro non se produciu ningún caso novo no último mes, aínda así, recordan  á veciñanza a necesidade de cumprir coas medidas establecidas para que a situación se manteña estable.

AVANTAR ACTIVIDADES