Tres conatos de incendio en Cortegada nunha xornada

A Asociación de Voluntarios de Protección Civil actuou na xornada de hoxe en tres conatos de incencio preto de Cortegada, o primeiro deles no Alto da Barca. Segundo avanzaba a tarde detectáronse os outros dous focos de lumes, que foron extinguidos ó momento.