O PSOE de Leiro pide o remate da obra da estrada do Empalme ata a praza de Berán

Os socialistas veñen de presentar un escrito no Concello de Leiro para pedir explicacións ó alcalde e ó equipo de goberno de cando se vai a rematar a obra de estabilización do terraplén da carretera municipal que vai dende o empalme ata a Praza da Moreira. Aseguran que leva moitos meses parada e que supón un perigo evidente tanto para vehículos que circulan coma para os veciños que a transitan.

PUBLICIDADE

AVANTAR ACTIVIDADES

O PSOE recordalle ó goberno municipal que o arranxo desta estrada foi proposto polo grupo municipal no 2018 a través dunha moción na que pedían que o concello procedera ó arranxo inmediato da estrada do lugar chamado Empalme ata a Praza da Moreira, en Berán. Facían esta petición asegurando que a curva anterior ó cruce de Celide presenta baches considerables e desplome da estrada, engadindo que os vehículos vense obrigados a circular polo carríl contrario ó sentido habitual, xerando una situación de perigo.

O grupo municipal do PSOE de Leiro foi informado polo diputado provincial Ignacio Gómez, de que se firmara un convenio de coperación ca Deputación de Ourense para a execución da obra “Estabilización de terraplenes en Lebosende e Berán”, por un valor de 22.834,44 euros, no que se incluía esta obra.

Por estos motivos, os socialistas esixen ó grupo de goberno que rematen esta obra, a medias dende fai tempo e que supoñen un perigo para os usuarios. Aseguran que este problema ven dado pola “despreocupación y la dejadez de las funciones que no es otra que ejercer las funciones de vigilancia y control en evitacion de una situación potencialmente peligrosa para los usuarios de la citada carretera”.