VILLARINO: “SEMPRE PUXEMOS Á CIDADE PRIMEIRO E MOVIDOS POLA RESONSABILIDADE ESTAMOS ABERTOS A ABRIR DIALOGO CON TÓDOLAS FORZAS POLÍTICAS PARA FACER QUE OURENSE ARRANQUE”
“Temos un goberno con división profunda no que o Partido Popular é o causante e que se sitúa á marxe e DO coa maioría dos seus concelleiros amotinados contra o alcalde”, dice Villarino
Villarino sinalou como “responsable máximo e instigador” a Jose Manuel Baltar que conseguiu que un partido que ninguén quería que gobernase, como é o PP, se mantivese na Deputación e o extendese ao Concello de Ourense
Ante os feitos e as informacións que se están a dar esta semana en torno ao grupo de goberno do Concello de Ourense formado polo Partido Popular e Democracia Orensana, o voceiro do grupo municipal socialista, Rafa Villarino, explicou esta mañá que ante esta situación os socialistas “sempre puxemos á cidade en primeiro plana e movidos pola resonsabilidade estamos abertos a abrir dialogo con tódolas forzas políticas para facer que Ourense arranque” e explicou que “precisamos ter máis información para saber ata onde chegan os problemas” que afectan ao Concello de Ourense. Aos socialistas “móvenos únicamente a seguridade, a estabilidade e un proxecto serio de cidade para facer que se poña en marcha e somos os únicos que o podemos dar”. E destacou que veñen a “ofertar solución” porque “Ourense non merece isto”, os cidadáns xa “sufriron dabondo e merecen un goberno que de resposta ao seus problemas”. A cidadanía precisa un liderado ao fronte da alcaldía que xa non existe.
O voceiro do grupo municipal socialista recordou que fai un ano e tres meses houbo unhas eleccións que tiñan como fin “acabar coa parálise na que o Partido Popular tiña a Ourense, despois de catro anos de desgoberno” e a poboación decidiu votar “maioritariamente ao Partido Socialista como alternativa” onde se nese momento “un proxecto de cidade e un diálogo a tódolos grupos para conformar un fronte común que permitise á terceira cidade galega saír do seu atranco”. Eso non foi posible porque “DO foi belixerante co PP realizando un pacto anti natura que trouxo a situación de hoxe” critican os socialistas. Unha situación na que os veciños están a sufrir as consecuencias: barrio abandoados, xuventude sen futuro, unha cidade estancada e o comercio local esmorecendo; sumado a un “problema serio” do que descoñecemos o seu alcance pero si as “súas consecuencias”: “un goberno con división profunda no que o Partido Popular é o causante e que se sitúa á marxe e DO coa maioría dos seus concelleiros amotinados contra o alcalde”.
Villarino sinalou como “responsable máximo” do que está acontecer a Jose Manuel Baltar. “Instigador do movemento político” conseguindo que un partido que ninguén quería que gobernase, como é o PP, se mantivese na Deputación e o extendese ao Concello de Ourense levando ao cataclismo no que estamos agora”. É o momento de buscar solucións e soamente funciona dende un ámbito constructivo xa que a cidadanía está para “ser servida” e non para “usala cos intereses dunhas siglas”, denunciou.