Hoxe comeza o ciclo de cine infantil e a apertura do Auditorio Municipal

Do 31 de agosto ao 3 de setembro ás 19h. os cativos serán o público protagonista das sesións de cine infantil da man do Cine Club no Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño.

Hoxe 31 proxectarase “Unha aventura muy animal”, o martes 1 de setembro poderemos ver “Dragón 3”; o mércores 2 de setembro, “Mascotas 2” e remata o ciclo de cine infantil o xoves 3 con “Zapatos rojos”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Despois volvese a repoñer a carteleira habitual dos venres que comeza coas tres películas que quedaron sen poderse visionar polo confinamento: o venres 11 de setembro a proxección da película española “Intemperie” de Benito Zambrano ás 20h e as 22:30h. E o sábado 12 e o domingo 13 poderemos desfrutar das curtametraxes do Festival de Cans xa estreadas en Porriño a fin de semana anterior.

O seguinte venres, o 18 teremos a oportunidade de ver “La hija de un ladrón”, con Eduard Fernández e Greta Fernández, ás 20h e ás 22:30h.
E o domingo 29 “Retrato de una mujer en llamas”, neste caso cun horario diferente: as 18h e as 20h.

O concelleiro de Cultura Diego Fernández agradecía a valentía do equipo do Cine Club en apostar pola cultura nestos tempos tan complicados e destacaba o escrupuloso protocolo de seguridade que prepararon.

Miguel Decabo, o presidente do Cine Club explicou as medidas establecidas que son mais exixentes que as impostas polas autoridades sanitarias. Estableceuse un protocolo para acceder e saír do auditorio. Limitarase o aforo ao 30% e desinfectarán antes de cada sesión. Os espectadores que queiran ver a película xuntos terán que entrar xuntos. Haberá dous asentos de separación entre cada persoa e utilizaranse só as filas pares ou impares para cada sesión. Estas e outras medidas explicounas o presidente do Cine Club, Miguel Decabo