A Confederación Hidrográfica e o concello asinan o proxeto de mellora dos marxes do Arenteiro

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, asinaron esta mañá o Convenio de colaboración para o “Acondicionamiento das marxes do río Arenteiro no Carballiño”. Neste documento determínanse as condicións de financiación para a execución destos traballos de acondicionamento así como a posterior conservación e mantemento da zona.

O proxecto remóntase ós anos 2007 e 2008, e nel reflexábase a realización de paseos en ambas marxes. Dende entón,os paseos sufriron o deterioro do tempo e das condicións climatolóxicas.

AVANTAR ACTIVIDADES

As obras contempladas consistirán na sustitución do pavimento actual de xabre compactado por un novo a base de aripaq ou un meterial similar, para que resista á erosión da acción da auga e a mellora da drenaxe e evacuación de augas pluviais. Ademáis, no proxecto inclúese a sustitución da cuberta do lavadoiro adxacente ó paseo así como a mellora do acceso a través da rúa río Miño e o acondicionamento dunha finca próxima para a futura instalación dun parque infantil.

A inversión que se estima para a execución dos proxectos mencionados anteriormente é de 350.000 euros, dos cales a Confederación Hidrográfica aportará 280.000 euros e o concello do Carballiño 70.000 euros.