A Escola de Verán AviaConcilia chega ó seu fin despois de dous meses de actividades

A Escola de Verán AviaConcilia do Concello de Ribadavia, onte 31 de agosto pechou as súas portas despois de dous meses de intenso traballo onde os cativos do concello desfrutaron e aprenderon a convivir nesta nova realialide que está a acontecer nestes momentos tan dificiles desta pandemia.

Dende o concello quixeron agradecer o traballo realizado a Rocio Estévez (Estudio Arte), a Verónica Araujo (Bolboretas), as dúas escolas que fixeron posible esta iniciativa, e aos monitores e monitoras que traballaron neste campamento e tamén aos pais e nais que depositaron a súa confianza en na actividade para que AviaConcilia fora un exemplo de educación, diversión e aprendizaxe, desfrutando das manualidades, a natureza, o deporte, e sobre todo o respecto.

AVANTAR ACTIVIDADES

A continuación amosamos algunhas imaxes destos dous meses de actividades: