O concello de Ribadavia cancela as festas patronais do Portal

O concello de Ribadavia tomou a decisión de supender a celebración das festas patronais deste ano 2020 por causa da pandemia, trátase dunha medida dirixida a evitar calquera tipo de situación de risco na veciñanza.

No seu lugar, e coincidindo coas datas do mes de setembro que corresponderían a estes festas, o concello programará diversas actividades culturais, que terán lugar mantendo todas as medidas preventivas de seguridade e sanidade.

AVANTAR ACTIVIDADES