Os hospitais de Ourense realizarán tests rápidos ós xornaleiros da vendimia

Seguindo as instrucións da Consellería de Sanidade, aos consellos reguladores das catro denominacións de orixe de Ourense,  nas que se lles instou a solicitar ás adegas os datos dos traballadores temporais, hoxe comeza o cribado dos xornaleiros que participarán na vendima de O Ribeiro e Monterrei, ao igual que  Valdeorras, que comezou os pasados días.

Os cribados estanse a realizar dacordo co calendario que manexan as diferentes denominacións, polo que o primeiro en iniciar esta medida de prevención e barreira de posibles contaxios de Covid foi o Hospital Público de Valdeorras, ao que hoxe se sumarán o Universitario de Ourense, de referencia para o Ribeiro, e o comarcal de Verín, para a vendima de Monterrei, estando previsto nos proximos días o das adegas de Ribeira Sacra da provincia.

AVANTAR ACTIVIDADES

En toda Galicia está previsto realizar entre 3.000 e 4.000 probas polo que agárdase que en Ourense se realice mais dunha terceira parte das previstas, tendo en conta que a nosa provincia conta con catro das cinco denominacións de orixe vinícola existentes en Galicia.

Ademais do cribado preventivo, ou de persoas asintomáticas, desde a Consellería de Sanidade trasladaron aos consellos reguladores instrucións para a prevención e control de infeccións pola Covid-19, como o control das distanzas de seguridade durante os traballos no campo, nas adegas e nos transportes; de formación aos traballadores, sobre as medidas de prevención, hixiene e seguridade comúns, distanza, uso de máscara e hixiene de mans; asi como organizativas, circuitos,  quendas separadas de traballo/xantar, evitar o uso compartido de auga ou ferramentas, etc.

Outro aspecto importante é o deber de colaboración da empresa no control e detección precoz de posibles casos da enfermidade, seu illamento preventivo ata a realización da pertinente proba e  identificación dos seus contactos, para o que é esencial o mantemento dun rexistro coa relación de traballadores, e quendas.

Test de dobre banda

A proba empregada neste cribado é un test de dobre banda, que permite non só detectar posibles positivos, senón tamén coñecer a fase na que se atopa esta  desta infección: aguda, mais avanzada ou xa resolta, xa que detecta tamén a existencia anticorpos e o tipo destes. 

O proceso é moi sinxelo, só é preciso unha pequena punción nun dedo, para obter unha pequena mostra de sangue, que se introduce no dispositivo de test rápido que, mediante un medio reactivo, indica se esa persoa tivo contacto co virus Sars-Cov2, que orixina a Covid-19, ou non, resultado que se pode coñecer nuns dez minutos. No caso de dar un resultado positivo a proba compleméntase con novos estudos.

Este test é o mais indicado para realización de cribados a colectivos de persoas  sen síntomas ou contacto estreito con pacientes positivos, e permite limitar as posibilidades de transmisión, polo que foi o sistema empregado na Área Sanitaria de Ourense para o cribado preventivo do persoal sanitario, dos corpos e forzas de seguridade e tamén doutros servizos esenciais como bombeiros, protección civil, técnicos de transporte sanitario, persoal do 061 e o que se lle está a realizar entre o corpo docente da provincia.