Segundo roubo a un taxista no Carballiño nos últimos 15 días

Un taxista do Carballiño denunciou esta mañá ante a Guardia Civil que sufrira esta pasada noite un roubo no seu vehículo mentres estaba estacionado no garaxe do seu domicilio na rúa Pedriña.
Esta mañá, ao ir a comezar a súa xornada laboral atopaba o coche coa ventanilla rota e revolto por dentro. O ladrón subtraeu a carteira do taxista con preto de 300€ e arredor de 40€ de cambio que tiña na caixa. Ademais do diñeiro roubado terá que engadir a xornada e media sen ingresos do seu traballo ao estar o vehículo en reparación.


Hai 15 días producíase no Carballiño outro roubo no vehículo doutro taxista. A Garda Civil do Carballiño detivo a M.R.N. , de 30 anos de idade e veciño do Carballiño, como presunto autor dun delito de roubo con forza material ocorrido o 15 de agosto. Tras romper a ventanilla dun taxi, apoderouse do expendedor de moedas con 40 euros e de varios enseres persoais.

AVANTAR ACTIVIDADES