A D.O. Ribeiro álzase coma a máis premiada de Galicia nos galardóns Gallaecia 2020

IES CHAMOSO LAMAS

Un total de 18 viños da Denominación de Orixe Ribeiro, 11 brancos, seis tintos e un tostado, foron distinguidos pola Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia nesta nova edición das Distincións Gallaecia. Resulta ser a máis premiada das denominacións de orixe galegas. Juan Casares, presidente do C.R.D.O. Ribeiro sinala que “estos resultados refrendan el camino ascendente del Ribeiro, emprendido desde ya hace algunos años y además recoge la estela de un año tan laureado como el 2019”.

A cata final das Distincións Gallaecia, tivo lugar este luns 31 de agosto no Hotel Bela Fisterra, na Costa da Morte e dela de saíron premiadas con galardón un total de 72 referencias de viño galegas.

HIPER MASIDE

O Concurso de Viños “Distincións Gallaecia” celebrou este ano o seu 22 aniversario. Durante todos estos anos, este certamen foise consolidando coma un dos máis importantes concursos de viños, non so en Galicia, chegando o seu recoñecemento a todo o territorio nacional.

Nesta edición participaron 641 viños e destilados de todas as DD.OO. galegas. Asimesmo organizáronse 14 paneis de cata conformados por 85 catadores de toda Galicia, contando tambén con sumilleres e técnicos de Zamora, Toro, Ribera del Douro e Rioxa.

DISTINCIÓNS GALLAECIA 2020

  BLANCOS TINTOS TOTAIS
Monterrei 7 4 11
Rías Baixas 16 0 16
Ribeira Sacra 2 12 14
Ribeiro 12 6 18
Valdeorras 8 5 13
  45 27 72