Avión licitará a reforma do arquivo municipal e do espazo cultural

A primeira destas actuacións ten por obxecto os traballos de tratamento técnico da documentación producida polo Concello de Avión no exercicio das súas competencias e organización do fondo documental do seu arquivo municipal referido á documentación máis antiga cun detalle de descrición a nivel de expediente (microdescrición) sobre un volume documental composto por 258 unidades de instalación, dando continuidade aos traballos iniciados no ano 2018.

O importe do contrato é de 10.049,46 € máis o IVE polo importe de 2.110,39 €, o que supón un orzamento base de licitación de 12.159,85 €.

AVANTAR ACTIVIDADES

O segundo destes proxectos é o de embelecer, mellorar e adecuar os equipamentos municipais destinados a usos e actividades culturais, tradicionais e turísticas existentes no Campo da Feira de Avión, dotando de acabados os cerramentos exteriores e interiores vistos para a súa adaptación e harmonización co entorno, mellorar o uso do acceso adaptado existente e dotar de instalacións mínimas de electricidade para o maior uso e funcionamento do equipamento existente.

O importe do contrato a que se refire a presente licitación é de 28.847,98 €. máis o IVE, o que supón un orzamento base de licitación de 34.906,06 €.

Para ambos proxectos publicaranse as bases do concurso de licitación no Boletín Oficial da Provincia nos vindeiros días.