Espazo Común alerta da “súpeta” desaparición dos aparellos de calistenia

No pasado mes de xaneiro, o tenente de alcalde inauguraba uns aparellos de ferro para practicar unha modalidade de ximnasia coñecida coma calistenia. Estaban ubicados na zona das Barcias, en pleno Parque Municipal do Carballiño.

Dende Espazo Común amosaron a súa diconformidade co emprazamento escollido, aseguran que estaban demasiado alonxados e que obrigaban a empregar máis formigón nun espazo natural no que deben primar outros elementos. Engadían que tampouco se tivo en consideración o acordo de facer un concurso de ideas para decidir o futuro dun dos mellores recursos cos que conta o pobo.

AVANTAR ACTIVIDADES

A formación tamén pediu información polo que califican de “custo disparatado”, xa que aseguran que o propio goberno fixo público o gasto de 8.000 euros por estes dispositivos.

Ante a insistencia en varios plenos de Espazo Común, a formación asegura que o alcalde afirmou que existía unha gran demanda e que a ubicación era a idónea.

Na sesión do mes de xullo e ante un novo bloqueo no acceso á información e ás facturas municipais, Espazo Común afirmou que recurrirían á Valedora do Pobo para que obrigara ó alcalde a facer públicos eses datos.

Segundo a formación, dende ese momento os aparellos despareceron do seu emprazamento.  Nas súas redes sociais compartían as seguintes imaxes: