O fin de semana no que se celebraría a Festa da Istoria trascorreu sen incidentes

IES CHAMOSO LAMAS

Dende o Concello informan de que durante as xornadas do venres e do sábado intensificouse a presencia e vixilancia policial para controlar as posibles celebracións na vila. Segundo o alcalde, César Fernández, non houbo incidentes, recalcando que foron xornadas “de absoluta normalidade”.

Nos días previos, dende o mércores, o alcalde comenta que dende o concello e acompañados pola Policía Local, fixeron un traballo de campo no que percorreron o casco histórico da vila para comprobar cos donos dos baixos cantos estaban alugados para facer celebracións privadas. Esta iniciativa levárona a cabo pola alarma social de que aínda que non houbese festa, os veciños tiñan medo da proliferación de ceas e comidas privadas. O resultado dese rastrexo foi que non había apenas alugamentos.

OZOCOgz Deseño Galego

Durante as xornadas do venres e do sábado houbo algunha chamada á Policía Local por exceso de ruído pero os axentes acudiron para recordar as normas que se debían cumprir e comprobaron que non había incidentes e non se rexistrou ningunha denuncia.

Este ano non puido ser pero se a pandemia o permite, estamos todos invitados á festa do vindeiro ano polo alcalde de Ribadavia, César Fernández.