Medio Rural continúa cos traballos de limpeza no Camiño dos Arrieiros

Publicidade ASPADISI

O Concello do Carballiño puxo en marcha 15 días atrás unhas actuacións de limpeza no Camiño dos Arrieiros. Esta ruta inaugurouse hai 11 anos e contou cunha financiación que supera o millón de euros para o establecemento dos 17 kilómetros de ruta que a compoñen.

A ruta levaba uns tres anos sen limparse e presentaba mal estado, con maleza e árbores caídos e pedras, ocasionados polos temporais de inverno. Os veciños das zonas polas que transcorre levan tempo pedindo estas actuacións, e tamén en especial da Asociación de Veciños de Partovia.

HIPER MASIDE

A limpeza corre a cargo dunha empresa, contratada por un custe de 5.000 euros, que farán as tarefas de limpeza, retirada de árbores e pedras e recolocación dos muros danados.

Ademáis, Rosa Fuentes, tamén falou do que se pretende acometer no que atinxe ó Camiño Miñoto, que serán actuacións de limpeza de de acondicionamento. Estos traballos asegura que serán máis dificultosos pero que estarán listos para o próximo ano, ano Xacobeo. Tamén fai un chamamento para potenciar o uso destas zonas, ca súa intención de facer roteiros informativos.