Cea informa de 11 casos activos de coronavirus na xornada de hoxe

Neste intre son 11 os casos activos no Concello de San Cristovo de Cea por Covid-19. Todos están aillados no seu domicilio e estables. Os contactos tamén están aillados e cumprindo a corentena.

Unha vez máis, dende o concello fan un chamamento a responsabilidade individual de cada un pero tamén a tranquilidade. A administración local recalca que se debe ser escrupulosos nas medidas hixiénico sanitarias que nos recomendan así como nas medidas sociais. Insisten no uso sempre de mascarilla, nunha boa hixiene de mans e en evitar, na medida do posible, contactos cercanos así como manter a distancia social de 1,5 metros mínimo.

AVANTAR ACTIVIDADES