Espazo Común pide destinar o presuposto das festas canceladas para medidas na volta ás aulas

A formación asegura que é unha obviedade dicir que estamos nun dos momentos máis complexos da COVID-19. Por iso piden ás administracións que garantan a seguridade dos cidadáns no día a día, e especialmente na volta ás aulas.

Afirman que as últimas actuacións do goberno central e da Xunta son “paus de cego“ e o Carballiño tampouco se mostrou activo neste tema. Recalcan que a capacidade financeira do Concello permite que se poidan facer inversións para acondicionar as aulas, garantir a seguridade no transporte escolar ou axudar a resolver a problemática da masificacións dos comedores escolares.

AVANTAR ACTIVIDADES

Recomendan que se utilicen os fondos destinados ás festas que non se puideron celebrar a esta cuestión. Para isto piden unha modificación de crédito e que se faga antes de que o remanente de tesourería sexa sustraído polo goberno central.