O festival Arteficial de Ribadavia, que se celebra mañá, esgota as súas entradas

O Festival Arteficial celebrarase este ano cambiando a súa ubicación. Pasará a ter lugar na Alameda, con cadeiras para sentarse en lugar do formato tradicional de concerto ó que estamos acostumados. Terá lugar das 19:30 horas ás 22:00 horas.

Entre os grupos que participarán atópase Faia Nacho Lar, tres referentes da vangarda musical galega que se xuntan en Zeca Afonso. Outro deles será Dúas Semicolchelas Invertidas, un colectivo especialista en improvisación electroacústica.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademáis haberá tamén tres exposicións no Museo Etnolóxico e na Praza da Madalena, “Leña Verde”, que é unha obra colectiva, e “De dentro para fora”, de Ainhoa Viñuela e Blanca Selas. Ademáis, haberá unha exposición en lona de Teresa Rego.

A 14ª edición conseguirá saír adiante a pesar da situación sanitaria e con moito esforzo por parte da organización. Ademáis, anunciaron que as entradas están xa esgotadas, cumprindo co aforo estipulado, dende hai catro días.