Obradoiro de Decoupage, hoxe no edificio sociocultural de Boborás

O Concello de Boborás, grazas a financiación da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, pon en marcha unha serie de obradoiros para este mes de setembro.

Así o primeiro deles é o Decoupage, unha técnica artística que consiste en decorar todo tipo de enseres con papeles decorados ou impresos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Será os venres, 4, 11, 18 e 25 de setembro de 19.00 a 21.00 h no Edificio Sociocultural Manuel Chamoso Lamas de Boborás.

Hai prazas limitadas. Poden anotarse no teléfono 988402008 ou nas oficinas municipais. Actividade totalmente gratuita.

O material de traballo será suministrado polo propio curso.

As persoas participantes deberán traer roupa corriente que se poida manchar, un pano vello que non solte pelo, así como para a primeira sesión un envase de cristal de conserva con tapa ou unha botella (sen papeis, nin pegamentos), unha caixa de cartón e un bote para poder colocar os pinceis.

A alcaldesa, Patricia Torres, destacou o gran interese por este tipo de actividades e asegurou que teñen pensado celebrar máis dada a alfuencia de xente.