Os datos do SEPE sitúan o número de persoas en situación de desemprego en Galiza en 176.951, un 0,94% superior as rexistradas no mes de xullo. De media no estado español o incremento foi do 0,76%.
Como é habitual desde o inicio da pandemia, neste número non están incluídas as persoas afectas por un ERTE, que segundo os último datos , a 1 de setembro, en Galiza acadan as 218.758 persoas, coa seguinte distribución por provincias:
Persoas ERTE | Persoas desempregadas | ||
A Coruña | 70.543 | 72.553 | 143.096 |
Lugo | 16.656 | 17.276 | 33.932 |
Ourense | 20.572 | 19.701 | 40.273 |
Pontevedra | 89.106 | 67.421 | 156.527 |
Outros | 21.881 | 21.881 | |
Total | 218.758 | 176.951 | 395.709 |
Ao mesturar nas perceptoras de prestación por desemprego as persoas que proveñen dun ERTE coas do desemprego, dificulta calcular a taxa de cobertura. Aínda así, do total, tan so 150.178, percibían algún tipo de prestación por desemprego a finais de xullo, co cal máis do 62% das/os que non se atopan traballando, non perciben ningún ingreso procedente do desemprego, o que denota a grave situación de vulnerabilidade dunha parte moi importante da poboación que nestes momento non está traballando, eexa nun ERTE, sexa no desemprego.
En todas as provincias medrou o desemprego neste último mes.
Parados/as provincia | Evolución | ||||
Febreiro | xullo | Agosto | Mensual | Agosto/febreiro | |
A coruña | 66.516 | 71.534 | 72.553 | 1.019 | 3.037 |
Lugo | 16.265 | 7.218 | 7.276 | 58 | 1.011 |
Ourense | 18.397 | 19.556 | 19.701 | 145 | 1.304 |
Pontevedra | 65.051 | 66.993 | 67.421 | 428 | 2.370 |
Total | 166.229 | 175.311 | 176.951 | 1.640 | 10.722 |
Na provincia da Coruña é onde se rexistra o maior medre mensual, tamén esta provincia é a máis afectada desde o inicio da pandemia.
Por sectores, é servizos, o que presenta un peor comportamento tanto mensualmente como desde o mes de febreiro.
Parados/as sectores | Evolución | ||||
Febreiro | xullo | Agosto | Mensual | Agosto/febreiro | |
Industria | 18.297 | 19.537 | 19.774 | 237 | 1.477 |
Construción | 13.613 | 13.862 | 13.724 | – 138 | 111 |
Servizos | 114.987 | 121.372 | 122.005 | 633 | 7.018 |
Pola contra a construción é o que rexistra un mellor comportamento, no último mes foi no único sector onde se rexistrou un leve descenso do desemprego.
O medre do desemprego, está efectando especialmente as mulleres, desde o inicia da pandemia, incrementouse o desemprego entre as mesmas o dobre que entre os homes,no último mes agudizouse esta tendencia.
Parados/as sexo | Evolución | ||||
Sexo | Febreiro | xullo | Agosto | Mensual | Agosto/febreiro |
Homes | 71.438 | 74.777 | 75.125 | 348 | 3.687 |
Mulleres | 94.791 | 100.534 | 101.826 | 1.292 | 7.035 |
O que si amosa u n bo comportamento é a afiliación á seguridade social no último mes, xa que a mesma incrementouse en Galiza en 7.125 persoas.
Afiliación á SS | Evolución | ||||
Febreiro | xullo | Agosto | Mensual | Agosto/febreiro | |
A coruña | 434.745 | 427.181 | 429.795 | 2.614 | – 4.950 |
Lugo | 21.313 | 121.541 | 122.834 | 1.293 | 1.521 |
Ourense | 102.218 | 101.666 | 102.579 | 913 | 361 |
Pontevedra | 354.077 | 355.278 | 357.583 | 2.305 | 3.506 |
Total | 1.012.353 | 1.005.668 | 1.012.793 | 7.125 | 440 |
O que si se mantén é a temporaldalidade na contratación, dos 4.399 contratos rexistrados, tan so o 8% son baixo algunha modalidade de contratación indefinida.